11.7 C
Santa Comba
sábado, noviembre 2, 2024

O BNG denuncia que a Xunta esquece á Costa da Morte

O BNG da Costa da Morte denuncia que os orzamentos do goberno galego para 2025 “esquecen de novo ás bisbarras de Fisterra e Soneira, e non chegándolles con iso, castígannos por queixóns, aumentando as peaxes entre Carballo e Coruña”, e considera que o Partido Popular “adopta unha medida vergoñenta que afogará aínda máis o peto dos veciños e veciñas que teñen que desprazarse á cidade herculina por traballo ou para ir ás consultas médicas que non se fan no hospital de Cee”.

Sanidade, educación, infraestruturas

Desde o BNG comarcal subliñaron que a Xunta seguirá sen promover e construír “un só centro de día ou residencia en toda a Costa da Morte, o que demostra o pouco que lle importa aos populares a atención aos nosos maiores e as súas familias, que continuarán sen poder conciliar a vida laboral co seu coidado”, e advertiron que a Xunta non ten previsto ningún novo servizo sanitario no hospital comarcal.

“E en educación seguimos sen avances, ao contrario, con máis recortes”, sinalou a formación nacionalista, que tampouco ve que apareza nas contas autonómicas “a promoción de vivendas sociais para a mocidade que quere acceder por primeira vez a ela, nin investimentos para promover o asentamento de industrias nos polígonos de Cee ou Vimianzo, mais alá de anuncios de boas intencións da conselleira cos alcaldes do PP, que nada lle protestan nin reclaman”.

O BNG incidiu no despoboamento por falta de oportunidades na comarca, “que vai en aumento, sen que o goberno da Xunta responda con contundencia con medidas que favorezan que se empadroen e vivan aquí”.

Autovía da Costa da Morte

En canto ao “enésimo anuncio da autovía”, o BNG manifestou que o goberno galego faino en gran medida pola presión que exercemos dende o BNG, mais non deixa ser un auténtico vacile á Costa da Morte”, e destacou que “este ano anuncian 8 millóns de euros, pero o ano pasado anunciaban 10 millóns para 2025 e hai dous anos 15 millóns, aproveitando a escusa do financiamento plurianual, que en boca do PP non é máis que unha mentira e un engano, utilizado elección tras elección sen reparos nin escrúpulos”.

O deputado do BNG da Costa da Morte no Parlamento galego, Oscar Insua, declarou que “o PP tenos acostumados a anuncios pomposos e grandilocuentes, pero o tempo vai poñendo a cada un no seu sitio: a Xunta mexa pola Costa da Morte, e o PP da comarca di que chove, por se non tiveramos auga abonda este ano”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos