O Auditorio do Multiusos acollerá o vindeiro 20 de novembro ás 20,30h, unha xunta de titulares para a reestruturación parcelaria da parroquia de Freixeiro no concello de Santa Comba.
O obxecto do encontro será a elección “dos representantes e suplentes da xunta local de zona e do grupo auxiliar de traballo”.
O alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, avanzaba esta información na sintonía de Radio Xallas: “Por fin vai adiante. Agora está en marcha. É algo moi necesario que levan pedindo en Freixeiro desde fai máis de medio século”.
Aproveitou para a agradecer a labor de todos os alcaldes que o precederon no posto, en referencia a unha concentración parcelaria “que imos ter o pracer, neste goberno, de levala a cabo”.