14.7 C
Santa Comba
jueves, octubre 30, 2025

Ana Vázquez en Camariñas: ”Temos dereito a estar libres e seguros vivamos onde vivamos”

As deputadas no Parlamento estatal, Ana Vázquez e Marta González visitaron o concello de Camariñas, acompañadas pola parlamentaria autonómica e portavoz local, Paula Mouzo Mas e polo secretario provincial do PP, Evaristo Ben Otero.

Logo dun paseo pola vila camariñá, as congresistas realizaron unhas declaracións nas inmediacións do Club Náutico, relacionadas co desmantelamento dos cuarteis da Garda Civil no mundo rural.

“A semana pasada presentamos unha iniciativa no Congreso dos deputados pedindo on incremento dos efectivos na provincia da Coruña e que non se pechen os cuarteis. Temos dereito a estar libres e seguros vivamos onde vivamos” explicou Ana Vázquez Blanco.

A portavoz de Interior do Partido Popular, denunciou o desmantelamento da seguridade no medio rural e anunciou a presentación de mocións nos concellos para pedir que se abran os cuarteis.

“Dos 45 cuarteis que hai na provincia da Coruña só seis permanecen abertos de noite. En Camariñas durante todo o verán non abriron prácticamente ningún día” afirmou a deputada, engadindo que había dependencias da Benemérita que abrían en días alternos.

Ofreceu máis datos :”De 1.800 efectivos uns 630 están de baixa e temos 200 prazas sen cubrir”. Sinalou ademáis que “A criminalidade aumentou un 20% desde que goberna Pedro Sánchez”.

Paula Mouzo: Reivindicación, agradecemento e encaixe de bolillos

Pola súa banda, Paula Mouzo agradeceu a visita á Camariñas e o traballo que desenvolven en Madrid xa que “Non é fácil diante do goberno sectario e dictatorial do Señor Sánchez”.

Mouzo Mas enviou unha mensaxe en clave local:” Aquí en Camariñas, queridas amigas estamos máis ou menos. Tamén quedamos sen gasolina. Tamén estamos sen presupuestos e manga por ombro. Pero tamén imos a sudar a camiseta para conseguir o cambio político tan necesario en Camariñas”.

Confirmou que “ese plan de desmantelamento que pretende o PSOE coa estrutura da Garda Civil, tamén afecta a Camariñas e a Costa da Morte”.

A portavoz do PP de Camariñas entregou uns agasallos de encaixe para pór en valor o traballo das palilleiras “e que así tamén sexades dalgunha maneira, embaixadoras da nosa tradición”.

Despois da comparecencia, houbo un encontro con simpatizantes. Estiveron presentes os concelleiros Manuel Mejuto e Juan Carlos Amado e o portavoz do PP de Corcubión, José Domínguez.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos