13.1 C
Santa Comba
sábado, noviembre 1, 2025

Besteiro pide a gratuidade da AG-55 e o remate da autovía ata Fisterra

O secretario xeral do PsdeG, José Ramón Gómez Besteiro, pediu ao goberno galego que avance na gratuidade das autoestradas da súa competencia, que unen A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor, para “non ter galegos de primeira e de segunda”.

“Se pedimos a gratuidade da AP-9 e da AP-53 —de titularidade estatal— tamén pedimos que a Xunta faga gratuítas as autoestradas galegas, ou do contrario estariamos dicindo que hai uns veciños de primeira e outros de segunda e de terceira” declarou.

Autovía ata Fisterra

Nunha visita a Autovía en Carballo, Besteiro anunciou que os socialistas reclamaranlle á Xunta que remate a autoestrada A Coruña-Carballo levando a vía ata Fisterra para “vertebrar unha comarca esquecida” polo Goberno galego.

Estivo acompañado polos deputados Patricia Iglesias e Julio Abalde e por dirixentes do PSOE na comarca como as alcaldesas de Camariñas e Cee ou o alcalde de Dumbría.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos