9.2 C
Santa Comba
viernes, enero 9, 2026

A Xunta vixiará os compromisos adquiridos polos propietarios de XEAL

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, avanzou que o Goberno galego continuará vixiando o cumprimento dos compromisos adquiridos no proceso de compra por parte dos actuais propietarios hai un ano.

Nomeadamente, a execución do plan industrial de XEAL no eido da ferroaleación nas plantas de Cee e Dumbría, e no de xeración eléctrica a través dos saltos de auga das centrais emprazadas nas concas do Xallas e Grande.


Lorenzana trasladou esta mensaxe nunha xuntanza co comité de empresa de XEAL para escoitar as demandas dos traballadores respecto da situación actual da factoría.


A titular de Economía e Industria tamén se comprometeu a realizar un seguimento periódico da situación para poder analizar calquera novidade que se poida producir co fin de garantir un diálogo aberto e permanente, así como de traballar da man da empresa para garantir a actividade industrial na zona.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos