O acto conmemorativo organizados por XEAL na fábrica de Cee, respaldados polo Goberno central, autonómico e provincial e con alcaldes da zona; para o sindicato CIG foi “un acto propagandístico” e supuxo “unha burla ao personal e a comarca”.
Desde a sección sindical da CIG en XEAL, denuncian que se están “incumprindo as cláusulas das concesións e levando a ambas factorías a súa ruína total”.
Afirman a produción das fábricas está a un 20%, que se destruíron empregos e que o proxecto de central hidráulica reversible da Ruña (Mazaricos) “constitúe unha segregación de facto das actividades porque a produción desta instalación non está ligada á produción industrial e á creación e mantemento dos postos de traballo nas fábricas de Cee e Dumbría”.
Desde a CIG reiteran que “as administracións teñen que actuar con dilixencia para impedir que a comarca se converta nun deserto industrial mentres empresas estranxeiras sacan beneficios millonarios a conta de especular cos nosos recursos”.