17.8 C
Santa Comba
miércoles, octubre 2, 2024

O BNG abre expediente a Mercé Barrientos e critica a actitude “machista” de Iago Toba

O Consello comarcal do BNG da Costa da Morte acordou abrir expediente disciplinario a Mercé Barrientos por vulnerar os criterios políticos para acordos no ámbito local fixados pola organización.

Os nacionalistas desautorizan a moción de censura de Muxía e polo tanto “acordouse abrir o expediente disciplinario, conforme ao estabelecido nos principios organizativos e normas de funcionamento do BNG”.

Críticas a Iago Toba

Desde o Consello comarcal da Costa da Morte afirman que “O PSOE contribuíu a chegar a esta situación, pois tendo coñecemento das actitudes intolerábeis do seu alcalde cara á concelleira do BNG, o PSOE non tomou ningunha medida para deter o comportamento machista, irresponsábel, irrespectuoso e antidemocrático do seu alcalde”.

Sinalan que Mercé Barrientos “foi obxecto de comentarios e actitudes que non só minan a súa dignidade, senón que tamén reflicten un ambiente político tóxico que non debería ter cabida na nosa sociedade”.

Recriminan ao actual alcalde Iago Toba unha actitude baseada “na descualificación e na ridiculización, poñendo en evidencia falta de madurez e responsabilidade que debe conlevar un cargo público”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos