O PSdeG celebrou a súa executiva provincial en Muxía que serviu para expresar o apoio do partido ao seu alcalde, Iago Toba Campaña, que se enfronta a unha moción de censura que se celebrará o vindeiro 7 de outubro.
O secretario provincial, Bernardo Fernández, trasladou “todo o apoio do socialismo galego a Iago Toba e a todos os veciños de Muxía, ós que se lles vai impoñer un alcalde que non elixiron nas urnas”.
«A MOCIÓN DE CENSURA É UN ATROPELO DEMOCRÁTICO»
Para Fernández “A moción de censura é un atropelo democrático, van impoñer por intereses espúreos un alcalde dun partido que só obtivo dous concelleiros nas pasadas eleccións”.
Desde o PSdeG enviaron novamente unha mensaxe ao BNG e a Ana Pontón: ”Non é a primeira vez que o BNG fai algo parecido, como pasou en Cariño, e aquí en Muxía anunciaron a apertura dun expediente, pero non a expulsión. “Ana Pontón debe aclarar se cumpre o que di ou só fala para a galería, o BNG ten nas súas mans parar esta moción de censura ou permitir que saia adiante”.
» Ana pontón debe deixar de agocharse«
Declaracións de Iago Toba
Pola súa, parte, o alcalde de Muxía, Iago Toba, manifestou que “a xente na rúa non entende nada e nos apoia, non é loxico o que vai pasar”, ademais de afirmar que pasará á oposición “tranquilo e cos meus valores intactos, presentareime ás próximas eleccións con máis forza que nunca”.
“Nós temos as cousas claras e non cambiamos, non imos engañar ós nosos veciños, fronte a esta moción que non ten lóxica, pero a xente de Muxía é intelixente e non o compra”, advirte Toba.
“Doblamos en votos á segunda forza política e cuatriplicamos os votos do BNG, que agora quere manexar o cotarro. Ana Pontón debe deixar de agocharse e dar a cara con contundencia” sentenciou o alcalde.