Muxía presentou, a través da concelleira de Cultura, Olalla Benlloch, o ‘Muxía Cultura Outonal’ que volve un ano máis á vila daBarca cargado de actividades e actuacións.
A Sala do Voluntariado de Muxía será o recinto que acollerá este compendio de actividades que darán comezo o vindeiro 14 de outubro e rematarán o 30 de novembro. Ademais, o sábado, 16 de novembro, terá lugar o Magosto das Abaladeiras.
As funcións destinadas para público familiar se levarán a cabo ás 18.00 horas e serán de balde. Namentres, as destinadas a público adulto celebraranse ás 20.00 horas. Todas as funcións se celebrarán na Sala do Voluntariado.
As actividades de público familiar será de balde e as de público adulto terán un custo de 1 euro. As entradas poderanse recoller durante a semana previa na biblioteca municipal ou media hora antes de espectáculo.
Tras a presentación, Benlloch destacou este compendio de actividades de outono como “unha alternativa de ocio para toda a veciñanza e unha oportunidade de pasar un rato agradable en familia” e que tamén da continuidade “aos diferentes conxuntos de actividades que levamos organizando ao longo de todo o ano”.
Programación completa
12 OUTUBRO
“Desexo” de Talía Teatro
Público adulto
20:00hno Salón do Voluntariado.
19 OUTUBRO
“Testosterona” de Malasombra Producións S.L
Público adulto
20:00h Salón do Voluntariado.
26 OUTUBRO
A Casa Encantada con O Mago Paco.
Público familiar
18:00h no Salón do Voluntariado.
2 NOVEMBRO
Cortello de amor: Amorodio Teatro
Publico adulto
20:00h no Salón do Voluntariado
9 NOVEMBRO
O Arquivo do Chibo: Pablísimo
Público Familiar
18:00h Salón Voluntariado
16 NOVEMBRO
“O MAGOSTO DAS ABALADEIRAS”
23 NOVEMBRO
“Enredadas” de Leti da Taberna
Público Adulto
20:00h Salón Voluntariado
30 NOVEMBRO
Proxección do documental “Bravú XXX”
Público Adulto
20:00h Salón Voluntariado
NOTA DE PRENSA DO CONCELLO DE MUXÍA