10.7 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Iago Toba: ”Sempre fomos perigosos para certos intereses”

O actual alcalde de Muxía, Iago Toba Campaña reaccionou á moción de censura que lle presentou a oposición asegurando que nese momento non falaría pero que sí que se pronunciaría máis adiante.

Non tardou en lanzar as primeiras mensaxes nas redes sociais, confirmando que seguiría a traballar e que non era a veciñanza o que desaloxaba ao PSOE do Poder senon “intereses dun BNG sen rumbo, sen ideoloxía e radicalizado no odio, duns Independientes que veñen ao que veñen, que querían chegar e encher e dun PP fracasado, que nunca chegaría a gobernar e tiveron que vender os seus votantes por un soldo”.

Intereses dun bng sen rumbo, independentes que veñen ao que veñen e un pp fracasado

Tamén desde o seu Facebook, é á espera dalgunha entrevista ou comparecencia pública manifestou que “non nos vendemos nin nos dedixamos comprar, por eso sempre fomos peligrosos para certos intereses”.

Engade Toba que “sempre dixemos tanto o meu equipo como eu mesmo, que estamos na política por vocación e con grandes dosis de compromiso cos veciños e veciñas. Demostrámolo ata en situacións altamente complicadas e duras”.

Tamén asegura que “ os votos que nos deron a nos, non os vendemos nin traficamos con eles.E así seguiremos sempre, porque seguiremos, na posición que nos toque, pero seguiremos cos nosos principios e coa ética intocable ante nadie e ante nada”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos