O independente Javier Sar Romero agarda que prospere a moción de censura “para dar un cambio a maneira de facer política neste concello”.
Explica que a mesma nace das peticións veciñais e asegura, sen desvelar a estrutura do goberno ata o 7 de outubro, que “non vai a haber moitas sorpresas e teremos un goberno, serio, firme e que vai escoitar a todo mundo, pensando coa cabeza”.
Iago Toba, incapaz de dialogar
Sar Romero recriminou o comportamento de Iago Toba na alcaldía: ”Nunca dei cunha persoa que non fora capaz de dialogar nin de chegar a acordos con ninguén, como Iago, non entendo a súa actitude”.
Como manifestaban desde o PP, tamén opina que foi o mandatario socialista o que provocou o seu recambio: “Pedimos en reiteradas ocasións que dialogara e fixera unhas mesas de traballo, e non intentou nunca poñerse de acordo con nós”.
Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas lamentou que o concello non teña orzamentos aprobados nin o SAF licitado, e se caracterice pola mala xestión e o “desgoberno total”.
Sobre o entendemento coas demais forzas sinalou:”Hai un acordo de investidura no que primou o interese do pobo antes que calquera interese partidista”.
Pero Javier Sar o deixou outra reflexión: “Iago tivo a ocasión e non se dou de conta. Despistáronse. Podían cambiar as cousas”.