13.1 C
Santa Comba
sábado, noviembre 1, 2025

Presentan unha moción de censura en Muxía

Os concelleiros da oposición de Muxía presentaron este luns unha moción de censura contra o alcalde socialista Iago Toba.

O pasado venres a concelleira nacionalista Mercé Barrientos aseguraba en Radio Xallas que o BNG non apoiaría nin tampouco “participaría” nun goberno co PP. O candidato proposto é o independente Javier Sar.

Esta é a nota difundida polos impulsores da moción de censura en Muxía.

Hoxe, día 23 de setembro, os tres grupos que actualmente conformamos a
oposición: IxM, BNG e PP, vimos de presentar no Concello unha proposta de
moción de censura para a destitución de D. Santiago Manuel Toba Campaña
como alcalde de Muxía.

Nas pasadas eleccións celebradas o día 28 de Maio de 2023, ningún dos
partidos obtiña maioría absoluta para gobernar, sendo necesario chegar a
acordos entre as distintas forzas políticas. Así, facendo uso das ferramentas
democráticas, e co acordo dos seis concelleiros e concelleiras que conforman a
oposición, proponse ao concelleiro D. Francisco Javier Sar Romero, de
Independentes por Muxía, como alcalde do Concello de Muxía.

Os últimos 16 meses de lexislatura, nos que o actual alcalde se negou
continuamente a dialogar coa oposición, caracterizáronse pola ausencia de
orzamentos actualizados; abuso na utilización e esgotamento do remanente;
extralimitacións na contratación menor; pago de facturas e contratación sen
partidas orzamentaria asignadas; incumprimento de acordos plenarios; xestión
ineficiente dos servizos municipais; contratos vencidos sin renovar; incapacidade
para o diálogo político; ataques de carácter persoal e menosprezo ao labor da
oposición; ademáis de que o SAF permanece sen licitar.

Ó longo destes 16 meses, a oposición solicitou ó Sr. Alcalde, reiteradas veces,
un cambio de rumbo tanto na súa xestión coma nas súas formas. Cambio que,
lamentablemente, nunca se deu.

Ante esta situación de desgoberno e divisón, e ante a falta dunha maioría
absoluta, propoñemos un cambio que vai máis alá de siglas políticas e intereses
partidistas, forxado cun sentido de responsabilidade política, confianza, lealdade,
respecto e entendemento entre os distintos grupos que conforman a corporación municipal.

Un novo goberno onde o diálogo, a transparencia e a atención aos problemas e necesidades da veciñanza sexan unha realidade.


Segundo a lexislación vixente, o pleno extraordinario para a celebración da
moción de censura queda convocado para o luns día 7 de outubro ás 12:00
horas. Agardamos que neste pleno triunfe a democracia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos