10.9 C
Santa Comba
jueves, enero 8, 2026

O PSdeG cualifica de “aberración” a moción de censura de Muxía e apoia ao seu alcalde

Para o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, a moción de censura presentada en Muxía é “un aberración” e supón un “xiro antidemocrático”.

Amosouse sorprendido pola postura do BNG polo feito de que «quen ten menos votos sexa quen ostente a alcaldía”.

Desde o PSOE provincial consideran “inadmisible e unha vergoña que PP e BNG fagan pinza para que sexa alcalde o representante dun partido con só dos concelleiros”.

“Muxía ten un alcalde socialista, Iago Toba, que obtivo nas municipais do 2023 case o dobre de votos que a segunda forza no concello, o PP polo que é un engano aos veciños e veciñas levar adiante esta moción de censura” explican nun comunicado.

Desde o PSOE piden explicacións a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e lembran que “Non é a primeira vez que o BNG leva á dereita ao goberno de Muxía”,

Tilda de “inadmisible e unha vergoña que PP e BNG fagan pinza para que sexa alcalde de Muxía o representante dun partido con só dos concelleiros no pleno”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos