O Bloque non avala a moción de censura presentada en Muxía. O Consello Nacional informou que a única concelleira neste municipio foi proposta para a apertura dun expediente, que será analizado no consello comarcal do BNG.
Os nacionalistas aseguran que manteñen a súa postura de non apoiar «ningunha moción de censura que implique a participación do PP».
Desde o BNG rexeitan a actitude “despótica e pouco democrática» de Iago Toba e critica que a direción do PSdeG non tomase medidas cando era coñecedor da situación do concello de Muxía, responsabilizando a Toba de fomentar «un clima de crispación do que é o único responsable e que en nada beneficia a boa gobernanza do concello”.
Nunha entrevista en Radio Xallas, a portavoz do BNG, Mercé Barrientos, informaba que “o BNG mantivo conversas cos responsables de organización do PSOE pero non deron resultado, a súa actitude non cambiou ou vai in crescendo”.
E que tamén ella mesma mantivera contacto cun dos membros do goberno do PSOE local sen conseguir un cambio por parte do mandatario agora censurado.
Pola súa banda o PSdeG criticaba o papel do BNG nesta moción que cualificou de «aberración»

