Asegura que Iago Toba “non debería de estar na política polo seu perfil” // Declara que o BNG autonómico mantivo conversas co PSOE para dar conta da actitude do alcalde pero “non houbo cambios”//
Nin alcaldía para o PP nin goberno
A portavoz municipal do BNG en Muxía, Mercé Barrientos, deixou claro que a pesar da “regresión democrática” e “dos modos propios da ultradereita” do alcalde Iago Toba; o seu partido non vai a caer na “desesperación” e non vai a “dar unha alcaldía Ó PP” pero tampouco “O BNG non vai participar nun goberno d Partido Popular.
Preguntada diante dunha posible moción de censura en Muxía, sinalou que “sempre mantivemos a nosa liña e non nós movemos un centímetro”, lembrando que o BNG apoiou ao candidato independente Javier Sar na investidura e tamén que teñen un “modelo antagónico” co PP.
Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, aclarou que as diferenzas ideolóxicas non impediron acordos coa oposición para aprobar un Plan de Obras “co voto en contra do goberno”, unha proposta de Regulamento Orgánico Municipal “ou modificacións de crédito por máis de dous millóns de euros”.

Conversas coa dirección do PSdG
Barrientos confesou que ela mesma mantivo unha conversa cun membro do goberno local para buscar unha interlocución e ademais “o BNG mantivo conversas cos responsables de organización do PSOE pero non deron resultado, a súa actitude non cambiou ou vai in crescendo”.
De todos os xeitos considera que o mandatario muxián non é progresista.
Fixación de Iago Toba coas concelleiras da oposición
A concelleira nacionalista denuncia que Iago Toba “ten unha fixación comigo e coas compañeiras da oposición que foron agredidas verbalmente” e “crea xenreiras construídas de forma artificial”.
Opina que a maioría dos veciños quere “convivencia” pero “hai un pequeno grupo de xente na que se inxecta xenreira”. Contou que o seu pai (ex-alcalde de Muxía) foi “acosado e inxuriado” e que unha persoa “chegou a agredirme fisicamente”.
Para Mercé Barrientos, Muxía está vivindo unha lexislatura “delirante” e padecendo unha “situación de parálise” pola inacción do goberno de Toba, sobre o que considera que “non debería estar na política” polo seu perfil no que usa a “proxección para evitar a autocrítica”.

