9.8 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

A Laracha aproba o POS + Adicional e escolle os festivos locais

O Pleno extraordinario celebrado hoxe aprobou por unanimidade dos tres grupos municipais as dúas cuestións que se elevaron á sesión a proposta do Goberno Local.

A máis destacada consistiu no destino dos fondos procedentes da segunda fase do “Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal “POS+ Adicional 2/2024” da Deputación da Coruña. Ao Concello da Laracha correspóndelle unha asignación de 408.959,83 euros. Desa cantidade, 323.419,45 terán por finalidade o financiamento de gasto corrente e os 85.540,38 euros restantes, máis unha achega municipal de 5.108,58 euros, irán a investimentos novos financeiramente sostibles consistentes en dous proxectos de mellora da rede viaria na parroquia de Lestón.

Un deles localízase no núcleo urbano de Paiosaco, centrado na renovación da capa de rodadura nas rúas dos Oleiros e Campo da Feira, contemplando tamén no espazo afectado polas obras o remarcado da sinalización horizontal, as prazas de estacionamento de vehículos e os postos da feira.

O outro proxecto afectará ao núcleo de O Cruceiro de Lestón, tamén incluíndo a mellora da superficie da vía e a sinalización horizontal.

A unanimidade repetiuse para fixar os festivos locais do ano 2025. Como é tradición no Concello da Laracha, serán o Martes de Entroido (4 de marzo) e o día da Romaría dos Milagres de Caión (8 de setembro).

Nota de prensa do concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos