16.5 C
Santa Comba
martes, septiembre 3, 2024

Batería de licitacións en Santa Comba este setembro

O concello de Santa Comba ten agora en licitación diferentes proxectos que superan 1,3 millóns de euros.


Ata o 6 de setembro está aberta a licitación para a subministración de pélet para as caldeiras de biomasa das instalacións do Concello de Santa Comba por un importe de 73.400.


Tres días despois remata o prazo para presentar ofertas para a mellora de capa de rodaxe nos núcleos do Loureiro, O Busto, Grixoa, As Travesas, A Mostaza e Estévez, cun orzamento de 271.270 euros e o proxecto de Mellora de capa de rodaxe no núcleo de Sabaceda e acceso norte ao cemiterio de Santa Comba, con 51.369 euros.

Ata o 11 de setembro

E as empresas teñen de prazo ata o 11 de setembro para aspirar a adxudicación da mellora de beirarrúas e instalacións no tramo inicial da Avda. do Brasil (AC-400), por 255.107 euros, ou a mellora da pavimentación do viario de comunicación entre Freixeiro Iglesia-A Illa-Castropombo-Portocarreiro, que conta cun montante económico de 334.858,13 euros.


Tamén remata ese día o prazo no referido a mellora de viarios e saneamiento no lugar de Guisande, con 222.515 euros e a pavimentación da vía en Vilar de Abaixo(A Pereira), cun orzamento 67.436 euros.


Ademáis está en fase de avaliación a nova rede de abastecemento de San Cristovo ata a estrada AC-400, cun orzamento de 110.700 euros.

Foto- Unha das últimas actuacións do concello en Esmorode

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos