Colisión entre dous vehículos en Antes

Accidente de tráfico con feridos na AC-441 á altura da parroquia de Antes, no concello de Mazaricos

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Santa Comba foron alertados ás 13:50 horas deste mediodía dun accidente de tráfico acontecido á altura do punto quilométrico 3,5 da estrada AC-441, á altura de Antes, no municipio de Mazaricos.

A incidencia foi ocasionada por unha colisión entre dous vehículos, ambos circulantes pola marxe dereita da estrada. Por mor do accidente a circulación viuse interrompida polo emprazamento dos vehículos. Un total de catro persoas resultaron feridas, aparentemente de levidade.

O labor dos bombeiros consistiu na desconexión das baterías e no mantemento das condicións de seguridade. Xunto con eles completaron o operativo a Garda Civil de Tráfico Corcubión, e dúas ambulancias do 061 de Negreira e de Mazaricos .

Información e fotografía – Consorcio Provincial

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos