“A Terra Fervente” gaña o premio Antón Zapata do concello de Laxe

O poema “A Terra Fervente” do director deste xornal e locutor de Radio Xallas, Xosé Manuel Lema Mouzo, foi o gañador do XVIII Certame poético “Antón Zapata”, convocado polo concello de Laxe.

Lema, gañou na categoría de adultos, mentres que Alexandra Alfaro Pérez foi a vencedora na categoría xuvenil co poema “Mar”. A categoría infantil quedou deserta.

O fallo do premio fíxose público durante o “Solpor poético” desenvolvido na Praia dos Cristais este pasado sábado e onde Lema e Alfaro recitaron os seus textos.

Tamén actuou o grupo vocal feminino EntrElas, que ofreceu un repertorio moi atractivo, con textos de poetas galegas con cancións tamén brasileiras ou cubana.

O acto foi coidadosamente coordinado pola concelleira de cultura, Raquel Lema Allo. No decorado non falaba un exemplar do libro “A roseira da soidade” de Antón Zapata.

Raquel Lema acompañou ao alcalde, Francisco Charlín, na entregas dos premios. Tamén estivo presente no “Solpor Poético” o concelleiro camariñán, Juan Carlos Amado Sambade.

“A Terra Fervente” está inspirado nuns tempos de seca na Costa da Morte nos anos setenta e onde veciños das localidades de Camelle(Camariñas) e Carantoña (Vimianzo) sacaron os santos en procesión (San Martiño e o Espírito Santo) e camiñaron en procesión para encontrarse na Cruz da Canle e pedir a chegada da chuvia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos