Novas escavacións en Brandomil dirixidas por Lino Gorgoso

O Concello de Zas iniciou unha nova fase de escavacións na leira Pedra do Altar de Brandomil, baixo a dirección do arqueólogo xalleiro Lino Gorgoso.


Este proxecto, que conta coa colaboración da Fundación Brandomil, avanza na súa cuarta fase, co obxectivo de ampliar e delimitar a domus romana descuberta durante as escavacións do verán pasado. As autoridades locais, incluíndo o alcalde Manuel Muíño e o tenente de alcalde José Brenlla, visitaron a zona, constatando o progreso positivo dos traballos.

A escavación actual busca, ademais de definir os límites da domus romana de grandes proporcións, decapar toda a superficie da leira, consolidar os muros existentes e secuenciar dúas vías romanas achadas en etapas anteriores.

Patrimonio arqueolóxico de Brandomil

Estes traballos son parte do compromiso do goberno local, para conservar e valorizar o patrimonio arqueolóxico de Brandomil. Ata o momento, o Concello investiu case 100.000 euros en diversas actuacións para protexer e poñer en valor a riqueza histórica da zona.

Entre os achados máis destacados das intervencións anteriores atópanse un tramo do Camiño Real que conectaba Negreira con Muxía, situado preto da antiga ponte, e as estruturas da Pedra do Altar, que as probas de Carbono-14 dataron entre o século I e principios do século II da nosa era.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos