Traballadoras do SAF de Camariñas, vinculadas laboralmente á empresa Sociser, impulsaron unha manifestación para protestar pola situación da que son “reféns e sofridoras”, cos seus salarios sen actualizarse conforme o que establece o convenio colectivo.
No seu percorrido entre o porto de Camariñas e as inmediacións da Casa do Concello lanzaron diferentes proclamas nunha manifestación organizada pola UGT.

“Empresa culpable, concello responsable”
“Empresa culpable, concello responsable”, “Empresa que non cumpre, recisión” ou “Alcaldesa saca un novo contrato, Alcaldesa escoita, o SAF está en loita” foron algunhas das mensaxes que se escoitaron. Entre os asistentes a convocatoria estaba o concelleiro nacionalista Xurxo Rodríguez Baña e o edil do PP, Manuel Mejuto Ríos.
Nas portas da casa consistorial as manifestantes tiveron a ocasión de conversar coa alcaldesa Sandra Ínsua.
Este é o inicio dun calendario de mobilizacións previstas.

