Accidente en Buño, incendio nunha granxa en A Pereira e rescate en Nemiña

Esta fin de semana desde o Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña informaron de varias incidencias en Malpica, Santa Comba e Muxía. Estas son as notas de prensa difundidas, con fotos do accidente de Buño.

Accidente de coche no restaurante Canta la Rana de Buño, no concello de Malpica de Bergantiños

Os bombeiros do parque Comarcal de Carballo foron solicitados ás 08:23 horas deste domingo para excarcerar ao condutor dun vehículo tras producirse un accidente na estrada AC-422 en Buño, no concello de Malpica de Bergantiños, en dirección a Ponteceso.

O coche impactara contra o poste de formigón no que se atopa o cartel do restaurante Canta la Rana, quedando parado no aparcadoiro privado do local. O impacto produciuse no lateral do condutor, quedando a porta empotrada. Finalmente os bombeiros non tiveron que excarcerar a vítima xa que o GES de Ponteceso procedera con anterioridade ás labores de rescate. No vehículo ía outra persoa que resultou ilesa. Non houbo máis coches implicados.

No operativo tamén participaron o 061, a Garda Civil de Tráfico e Policía Local de Malpica.

Incendio nunha granxa de vacas en A Pereiriña, na parroquia de A Pereira, no concello de Santa Comba

Os bombeiros do parque Comarcal de Carballo foron requiridos ás 01:48 desta madrugada por un incendio nunha granxa de vacas en A Pereiriña, na parroquia de A Pereira, no concello de Santa Comba.

Acudiron ao lugar para prestar apoio aos bombeiros de Santa Comba xa que a nave era grande e estaba próxima a unha vivenda. Xa no punto do incidente, procederon a coordinarse para abastecer aos dous camións de bombeiros de Santa Comba. Tamén había dúas motobombas de axentes forestais da Xunta de Galicia e un tractor cisterna con 12.000 litros de auga.

Ningunha persoa resultou ferida nin tampouco os animais, xa que estaban fóra da granxa. A vivenda situada ao carón tampouco sufriu danos.

No operativo participaron unha patrulla da Garda Civil de Santa Comba, Protección Civil da localidade.

Rescate dunha persoa na praia de Nemiña, no concello de Muxía

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Cee colaboraron esta tarde nun operativo dirixido ao rescate dunha persoa que se precipitara desde unha altura de aproximadamente dous metros na praia de Nemiña, no concello de Muxía.

No operativo participaron tamén o equipo de Protección Civil de Muxía e o 061.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos