13.6 C
Santa Comba
miércoles, septiembre 4, 2024

Programación Rueiros da Vila 2024 en Caión

Mar, música, gastronomía, surf, tradición e historia. Eses son os seis elementos que Rueiros da Vila escolle para definir a vila de Caión e tamén para facer de fío condutor da ampla oferta cultural e de ocio para todos os públicos que se poderá desfrutar nesa localidade do xoves 22 ao domingo 25 de agosto.


A oficina de información turística acolleu hoxe o acto de presentación da cuarta edición dos Rueiros da Vila, un programa que, como apuntou o alcalde, “está consolidado en Caión e con boas críticas en anos anteriores” o que anima a seguir organizándoo e aumentar a oferta de eventos, concertos, obradoiros e espectáculos.

José Manuel López Varela considera que Caión “é o noso buque insignia a nivel turístico” e anima a todos os públicos a “vir a Caión” para desfrutar dunha “completa programación” nunhas datas que son o “preámbulo ás festas principais dos Milagres”.


Mahoney, en representación de Sincro, a productora que xestiona o programa, considera que “esta cuarta edición vai ser a que consolide o evento como proposta cultural destacada na Costa da Morte”. Valorou o “ambiente familiar” dos Rueiros da Vila e a “pluralidade” dunha “programación do máis nutrida”.


Do mesmo xeito que en anos anteriores, haberá catro escenarios ao longo da vila nos que se realizarán os concertos, espectáculos de rúa e obradoiros: Escenario Patio (finca entre a igrexa parroquial e o paseo marítimo), Escenario Cárcere Vello (paseo marítimo), Escenario Salseiras (zona verde xunto ao acceso principal á praia) e Escenario Rueiro das Figueiras (praza Virxe dos Milagres).


Ademais dos concertos musicais, os Rueiros Pequeniños ofrecerán actividades específicas para o público infantil, cun espectáculo de clown e obradoiros de expresión artística e beatbox.


A programación completarase cos Roteiros da Vila, consistentes nunha visita guiada polos puntos máis destacados de Caión. A participación en todas as actividades é gratuíta, sen necesidade de inscrición previa.


Programación Rueiros da Vila 2024


Concertos e espectáculos musicais


Xoves 22

• 18:00 h, Escenario Salseiras. Jëan Fixx (djset).
• 20:30 h, Escenario Cárcere Vello. Tu Futura Ex Mujer.
• 22:30 h, Escenario Patio. Caamaño & Ameixeiras.

Venres 23
• 18:00 h, Escenario Salseiras. Maefield (live).
• 19:30 h, Escenario Cárcere Vello. Xenderal.
• 20:30 h, Escenario Rueiro da Figueiras. Planeta Sauvage.
• 22:30 h, Escenario Patio. Revenidos.

Sábado 24
• 14:00 h, Escenario Patio. “Cantos e contos dende a taberna”, a cargo da Asociación Cultural Arume de Caión.
• 18:00 h, Escenario Salseiras. Elrilo (djset).
• 20:30 h, Escenario Cárcere Vello. Misuria.
• 22:00 h, Escenario Patio. Carabela.

Domingo 25
• 14:00 h, Escenario Cárcere Vello. Smile.

Rueiros Pequeniños
• Xoves 22: Taller de expresión artística “Pintando rueiros”.
• Venres 23: Taller de beatbox con Xenderal.
• Domingo 25: Espectáculo de rúa co clown Arturo Cobas.

Roteiros da Vila
• Xoves 22: Percorrido guiado por Caión a partir das 12:00 h.

NOTA DE PRENSA DO CONCELLO DA LARACHA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos