16.1 C
Santa Comba
miércoles, septiembre 4, 2024

XVI Mercado das Rutas do Mar en Muxía

Muxía xa ten todo listo para o XVI Mercado das Rutas do Mar, que esta fin de semana encherá a vila dunha mestura de artesanía, restauración, música en directo, pasarrúas e actividades para a cativada para rendir homenaxe á esencia das raíces da vila.

A edición deste ano chega como a máis grande na historia, xa que ningunha outra contou con maior número de postos nin tivo unha actividade tan continua durante as súas dúas xornadas.


A ampla programación do evento inclúe iniciativas desde a apertura ata o peche, con máis de 65 pases de espectáculos e pasarrúas. Deste xeito, máis de 10 grupos musicais soarán durante todas as horas das dúas xornadas. Serán Xaramiños do Corpiño, Abaladeiras de Muxía, Fumes do Cal, Nin chica nin patacón, Vaiche boa, Fol de Veneno, Maruxía, Os Viqueiras de Ordes e Skaldir.


Ademais destas actividades, programouse unha zona de espectáculos fixa, onde haberá un concerto e varios pases de actuación de acrobacias de cinta con violín. Mentres, a cativada contará cunha zona infantil específica na que haberá un carrusel, unha noria e unha zona con numerosos xogos de entretemento.


Como peche de festa, unha empresa especialista do sector piromusical deseñou un espectáculo único inspirado no tema musical ‘Tataravoa’, do grupo Fillas de Cassandra. O epílogo non terá nada que envexar ao prólogo, xa que por primeira vez, o Mercado das Rutas do Mar estará precedido dun acto. O equipo de goberno de Muxía apostou por organizar un concerto nocturno coa fechada do Santuario da Barca como escenario de excepción. Será ofrecido pola Coral Polifónica Virxe da Barca, que preparou unhas pezas tradicionais galegas que empastarán cunha montaxe de luz e son. O evento está previsto para o venres 9 a partires das 22:30 horas.

Escanea o Código QR e entérate das actividades das Rutas do Mar


Programación


O sábado ás 10:30 horas abrirá o mercado e ás 11:00 está prevista a lectura do pregón, a cargo do mariñeiro e armador Xosé Búa, na proa do Cabo da Vila. Media hora despois será a baixada dos “Faunos da Buitra”. A música comezará ás 12:00 horas cos “Skaldir”. Seguiranlle “Jallejo” e o conceto de Aldaolado. Ás 13:00 horas, no Cabo da Vila, levarase a cabo o espectáculo “Os Monifaltes”. 30 minutos despois arrincará o paseo da “Raíña de Cachelmo”.


Xa en horario da comida, “Músicos doutros mares” actuará ás 14:00 horas, como chanzo anterior aos pasarrúas. Estrearanse “Maligna Medusa Branca e Mangallón” e “Elfa Rosiña e o seu pequeno”, antes de que ás 16:30 arrinque “A danzante da Buserana”, o espectáculo acróbata musical. Esta agrupación repetirá ás 18:30 e ás 21:00 horas, despois de máis pasarrúas. Entremedias, será a quenda para “Demos do galeón pantasma” (20:00 horas). Os “Faunos da Buitra” subirán ás 21:30, antes da guerra musical entre “Skaldir” e “Músicos doutros mares”. A primeira xornada rematará ás 23:00 horas con “Lume do mar”, un espectáculo nocturno de gran formato.


O domingo 11 o mercado abrirá ás 11:00 horas. De novo baixarán os “Fauna da Buitra” ás 11:30 horas, antes de comezar a música con “Skaldir” e “Jallego”. “A danzante buserana” actuará ás 13:00 horas, antes do paseo da “Raíña do Cachelmo” . “Músicos doutros mares” arrincará de novo as actuacións musicais ás 14:00 horas, xunto con “Jallejo”, “Maliga Medusa Branca e Mangallón”, “Skaldir”, “Elfa Rosiña e o seu pequeno” e “Músicos doutros mares”.


Ás 17:30 horas terá lugar a demostración de despece do peixe espada no Porto. Un peixe que durante toda a fin de semana estará exposto con exemplares que, nalgúns casos, superan os 200 quilogramos.


A música continúa ás 18:00 horas con “Diaño da Borraxeira” e o espectáculo “A danzante da Buserana”, que actuará ás 18:30 e ás 20:30 horas. “Skaldir”, “Demos do galeón pantasma” e “Músicos doutros mares” actuarán antes do peche, coa subida nocturna dos “Faunos da Builtra” (21:00 horas) e a degustación gratuita de peixe espada no paseo marítimo (21:30 horas).


A oferta lúdica completarase con aseos situados nunha zona con atención continua de persoal de limpeza. A maiores, haberá un servizo especial de limpeza que percorrerá o espazo do Mercado dúas veces ao día.


O alcalde, Iago Toba, apuntou que o goberno municipal potencia a aposta polo Mercado das Rutas do Mar dada a “enorme transcendencia desta festa no municipio”. Un evento que, segundo as súas verbas, “permite crear un ambiente único vencellando a cultura marítima de Muxía e a tradición”.


Pola súa banda, o concelleira de Cultura, Olalla Benlloch, animou a toda a veciñanza a acudir a “un evento único”, que acollerá tamén “cos brazos abertos” aos centos de visitantes na edición máis imporante da súa historia” e que será “todo un éxito”.

Nota de prensa do concello de Muxía

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos