16.1 C
Santa Comba
miércoles, septiembre 4, 2024

O concello de Santa Comba promove un plan de mellora de camiños

O concello de Santa Comba anunciou novas actuacións para a mellora de camiños municipais “no marco dunha planificación encamiñada a recuperar espazos públicos e mellorar os recursos rurais”.

Cun orzamento de 226.534 euros (186.155 euros financiados pola Xunta de Galicia e 40.378 euros con fondos municipais) repararanse camiños que se estenden entre os lugares de Esmorode-Tapia-A Pereira, Castriz- Aeródromo, e preto dos núcleos de Os Catro ventos, Sabaceda, Rebordelos, Ser, Barbeira e a zona do polígono industrial.

Desde o goberno local explican que se trata dunha actuación “que abarca decenas de quilómetros e que se centrarán en reforzar o firme dos camiños, pero tamén proveerán o ancheamento dalgún deles, a apertura de cunetas, e a limpeza das zonas adxacentes”.

O prazo de remate dos traballos está previsto para o mes de novembro.

O executivo local anuncia que en breve adxudicaranse melloras en camiños doutras parroquias cun investimento previsto de 80.000 euros.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos