Cinco persoas resultaron feridas tras colidiren dous turismos en na rotonda de Pino de Val
Segundo informaron desde a central de emerxencia de Galicia, AXEGA 112, ningún dos feridos presentaba lesións importantes, aínda que todos foron evacuados ao Hospital Clínico de Santiago.
Pasaban das dez da noite pasada cando o 112 Galicia recibiu a chamada de alerta sobre unha colisión frontal entre dous turismos na DP-3404, ao paso pola parroquia de Chacín, en Mazaricos (Rotonda de Pino de Val). Como consecuencia do golpe, cinco persoas resultaron feridas aínda que ningunha de gravidade.
Tampouco foron necesarios os medios de rescate, xa que todos os ocupantes dos vehículos implicados saíron polos seus propios medios. Iso si, tratouse dun grande impacto, ata o punto que un dos coches quedou completamente virado na estrada.
Con todo, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Santa Comba, membros do GES de Noia e voluntarios de Protección Civil da localidade. Por suposto, tamén se pediu a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se encargaron da asistencia médica e dos traslados en diversas ambulancias.
O operativo completárono os axentes da Garda Civil de Tráfico.
Incendio nun colector do lixo na Avenida das Flores do Concello de Carballo
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo participaron ao redor das 6:12 horas da madrugada de hoxe nun operativo destinado á extinción do lume que afectou a colectores do lixo na avenida das Flores.
O incendio implicou a dous colectores do lixo e aos residuos que estaban acumulados fora dos mesmos. O operativo dos bombeiros consistiu na extinción das lapas.
Participou tamén a Policía Local.
FOTO- CONSORCIO
NOTICIA- AXEGA 112