O Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento informou dun accidente sen feridos (fotos) acontecido esa madrugada na estrada comarcal 552 en dirección Fisterra.
O accidente produciuse por colisión frontal entre dous vehículos, sen persoas materiais e só deixando danos materiais. Participaron no operativo bombeiros do parque de Cee.
Desde o mesmo parque participaron onte nun operativo dirixido a socorrer a unha persoa que sufrira unha saída de vía na estrada AC-550, á altura do miradoiro de Gures, no termo municipal do concello de Cee.A persoa ocupante do turismo resultou ferida.
E efectivos do parque de Carballo rescataban, este venres, a unha muller que rompeu o nocello na zona do Roncudo- Corme, no Concello de Ponteceso.
A persoa ferida estaba realizando unha ruta de sendeirismo pola Ruta dos Faros cando caeu e fracturou o nocello.O operativo realizou tarefas de salvamento para trasladala ata o hospital.Participaron tamén a Policía Local de Ponteceso, o 061 de Vimianzo, o SMPC de Ponteceso e o Coordinador do GES de Ponteceso.

