8.6 C
Santa Comba
jueves, marzo 5, 2026

O goberno camariñán retira unha proposta sobre o SAF alegando falta de unanimidade

Os pregos de licitación do Servizo de Axuda non Fogar de Camariñas son un dos temas anunciados polo executivo local e que seguen pendentes.

As traballadoras vinculadas á empresa Sociser demandan unha actualización das súas nóminas e esa licitación sería a posible solución.

Pero en vésperas dun anuncio de mobilizacións ao goberno local ocorréuselle outra. alternativa A alcaldesa Sandra Insua( PSOE) expuxo a “resolución recurso de reposición interposto contra o acordo de prórroga do contrato de Servizos de Axuda no Fogar do Concello de Camariñas”.

Pero acabou retirando o punto da orde do día, argumentando que necesitaba a unanimidade do pleno para evitar que o PP puidera levar o asunto aos tribunais xa que a proposta contaba cun informe conxunto “negativo” da secretaría e da intervención municipal.

Nas redes sociais a alcaldesa recoñecía que a medida podería aprobarse cos votos do PSOE pero usou un refrán para explicar o seu posicionamento: “A gato escaldado a auga fría lle pon medo”. Cando o PP anunciou a súa abstención, Insua confirmou a retirada do punto.

O BNG APOIOU A PROPOSTA

Un punto que, de votarse, tería o voto afirmativo do concelleiro nacionalista Xurxo Rodríguez. Desde o BNG criticaron “a postura do PP por non apoiar a proposta de rescindir o contrato, e tamén censuramos a decisión da alcaldesa Sandra Insua por non seguir adiante coa mesma e que fose aprobada polo Pleno”.

Piden valentía ao goberno do PSOE de Camariñas e manifestaron que «A Xunta non pode pasar de costas» ante este problema.

A POSTURA DO PARTIDO POPULAR

Pola súa banda a portavoz do PP, Paula Mouzo Mas, explicou a abstención do seu grupo. Denuncia una estratexia do PSOE para evitar unha manifestación prevista polas traballadoras cunha proposta con informes negativos de Intervención e Secretaría:

“Unha proposta que o mesmo PSOE nin apoia nin deixa de apoiar, feita para evitar unha foto con pancartas e que conta con informes negativos de Intervención e Secretaría. Nós respectamos moito eses informes. E sabemos o que pode pasar se non se lles fai caso. E non fai falta ir moi lonxe e temos exemplos cerca”.

Mouzo Mas tamén tamén se referiu a petición de unanimidade da alcaldesa de buscar consenso previo co seu grupo: “Vostede está acostumada a levantar reparos e non facer caso deses informes. Sexa valente e vote a favor do punto que trae hoxe a pleno.Non necesita os nosos votos, como non os necesitou nunca, nin nunca quixo nada coa oposición”.

Posteriormente O PP presentou un rogo para pedir ao goberno local que se rematen os pregos e se licita o servizo: “Botamos en falta que en todos estes meses non tiveran tempo a darlle unha solución a estas traballadoras”, lamentou Paula Mouzo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos