13.1 C
Santa Comba
viernes, octubre 31, 2025

Juan Blanco: ”Temos un gran polígono agrario con moito movemento de maquinaria”

O alcalde de Mazaricos pensa que a Xunta de Galicia ten que “abrir un debate” xunto con concellos gandeiros como Mazaricos para evitar que “poda haber un colapso na rede viaria”.

Nunha entrevista en Radio Xallas, Juan Blanco comentou que “foi un ano moi duro de moita chuvia e tivemos que facer un desenvolso enorme en mantemento de camiños”.

Considera que é un tema no que o goberno galego ten que axudar: “Temos máis de 1.000 quilómetros de camiños e somos un gran polígono agrario con máis movemento de maquinaria que moitos parques empresarias da contorna”.

Nesta liña salientou que “os nosos gandeiros son grandes empresas e a nosa rede viaria é imprescindible e penso que debemos buscar un acordo coa Xunta”.

Proxectos chave en marcha

O 2025 é o ano previsto para que sexan realidade os grandes proxectos do goberno local : A Senda do Xallas, a Residencia dos Maiores de Pino de Val e o plan de abastecementos.

Con respecto ós abastecemento, Blanco cifrou en seis millóns de euros o investimento realizado “no noso mandato”. Os distintos proxectos están moi avanzados “nun 95% das áreas que se van a implantar.

Sobre a Senda do Xallas, informou que está a piques de asinarse o convenio cos concellos de Santa Comba e Zas, coa adxudicación das obras sobre setembro e o inicio das mesas a primeiros de 2025.

Os concellos deberán adiantar uns 700.000 euros que logo chegarán desde a Deputación.

Con respecto a Residencia de Maiores tamén avanzan os trámites e en setembro-outubro agardan publicar a licitación.

Blanco Riveiro considera que o Fondo de Compensación Ambiental debe repercutir nos concellos directamente e considera que os alcaldes terían que “rebelarse” para sacar adiante esta demanda.

Nunha conversa no programa Na Encrucillada, o mandatario nacionalista referiuse a “débeda cero” do municipio, a problemática eólica, a actividade cultural e a outros temas.

Escoita aquí a entrevista- Desde o minuto 68

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos