«Horta da Laracha» en Paiosaco


Horta da Laracha celebrará nesta fin de semana no campo da feira de Paiosaco a súa sétima edición cunha programación innovadora, completa e dirixida a todos os públicos. O Concello promove este evento co patrocinio da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña co obxectivo de poñer en valor tanto o labor dos profesionais do sector como o dos propios produtos para potenciar o consumo de temporada e proximidade.


Horta da Laracha vaise dividir en tres seccións. Por unha parte estarán as casetas que o Concello pon a disposición de asociacións e empresas de referencia no sector hortícola da zona, así como daqueles que aportan valor aos produtos agrícolas.

Eles son a razón de ser do programa e formarán o chamado Espazo horta no que se farán exposicións, venda de produtos e degustacións de aperitivos saudables nunha food truck. A nivel institucional estarán presentes os stands do Concello da Laracha e do Polo de Emprendemento da Costa da Morte.

Como produtores haberá once postos, os de Horta das Táboas, Asociación A Terriña, Horta Bertoa, Ramisquido & Medoña, Verduras Chelín, Asociación Horta do Noroeste, Sementares, Patacas de Coristanco Nela, Love Green Project, Verxel Galego e Apropaco. E tamén terán o seu lugar outras iniciativas como Mel Dévalo, Acastrexa, Lutega, Orballo, Os Biosbardos e Rodolfus Viños das IXP de Galicia e a Fundación Galicia Sustentable.


O Espazo Lecer acollerá as actividades festivas, culturais, musicais e educativas dirixidas a todos os públicos, polo que se anima á cidadanía a gozar de Horta da Laracha en familia. E o Espazo Miúdo irá dirixido aos público infantil.


A programación do sábado 3 de agosto principiará ás 10:30 horas co acto inaugural, que dará paso á apertura das casetas da feira no Espazo Horta.


O Espazo Lecer ofrecerá mostras de artesanía e obradoiros de sustentabilidade con temáticas relacionadas co tratamento do coiro, a elaboración de biofertilizantes a partir da xestión de residuos e apicultura. No showcooking empregaranse produtos de horta e poderanse degustar viños e licores derivados da pataca. A xornada rematará coa actuación musical da banda de rúa Os Bregadiers (21:00).


No Espazo Miúdo os máis pequenos desfrutarán do concerto de Brais das Hortas (13:00) e un obradoiro de elaboración de bebidas aromatizadas, batidos e infusións con froitas (18:30).

Actividades o domingo


O domingo 4 de agosto, coincidindo coa primeira feira de Paiosaco de agosto, a apertura do Espazo Horta será ás 9:30 h.


E o Espazo Miúdo contará con tres propostas: o concerto do Trío Detrés (13:00), un showcooking de xeados creativos (18:30 h) e o espectáculo teatral de rúa de Don Gelati (19:30 h).


A programación no Espazo Lecer inclúe mostras de artesanía, obradoiros de ensaladas con lamberetadas de verduras e hortalizas, charla-coloquio sobre sementes de variedades hortícolas autóctonas, showcooking idéntico ao da xornada anterior e o concerto de Fanfarria Taquikardia ás 21:00 h co que se porá o punto e final a Horta da Laracha.


O programa ao completo de Horta da Laracha está dispoñible para a súa consulta na web alaracha.gal e nas redes sociais municipais.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos