15.9 C
Santa Comba
jueves, julio 17, 2025

O BNG censura as “manifestacións machistas” do alcalde de Muxía

O BNG da Costa da Morte denuncia que o alcalde socialista de Muxía ultrapasou de novo calquera límite realizando manifestacións machistas contra a concelleira Mercé Barrientos”.

O responsable comarcal, Xurxo Rodríguez, amosou o seu “total apoio” á voceira nacionalista en Muxía, Mercé Barrientos, ante os ataques “de índole persoal que vén sufrindo reiteradamente por parte do alcalde muxián nos plenos”.

Estas declaracións dan continudade as críticas do grupo de acción feminista do BNG comarcal que denunciou “as actitudes machistas e misóxinas” do rexedor na última sesión plenaria celebrada o 18 de xullo, no que Iago Toba “ultrapasou de novo calquera límite realizando manifestacións machistas contra a concelleira Mercé Barrientos”.

Xurxo Rodríguez, sinalou que “non imos permitir que se traspasen as liñas do que debe ser a contenda política, con descalificacións continuas e alusións veladas e malintencionadas”.

O responsable da organización frentista lembrou que o que está acontecendo na vida política en Muxía “non se da en ningún concello da Costa da Morte”, e subliñou que as actitudes e expresións do alcalde Iago Toba “son públicas e calquera pode velos nas redes sociais”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos