O barrio de O Outeiro, de Ponte do Porto, acolle este sábado 27 de xullo unha nova edición dunha festa gastronómica que homenaxea un prato típico da zona, o Caldo de Riola.
A celebración iniciada en 1990 por un grupo de veciños organízase agora baixo a coordinación do concello de Camariñas coa colaboración veciñal.
Durante a tarde e noite actuarán as charangas Santa Comba e Bandiños Band e DJ Mouzo. Isto acompañando a degustación do sabroso produto.

Esta é a receita do Caldo de Riola
“O caldo de riola é un prato de festa, da matanza do porco, que se fai en moitas casas da volta de Ponte do Porto. Emprégase como base a carne de porco, pero as mellores partes, sen oso, agás o chamado oso de lombelo. Esta carne cócese con auga, cebola, cabezas de allo, como un cocido.
Leva carne moi ben picada de raxo, lacón, pernil, ril, corazón, e pode levar costela picada ou alegrías. Ao lado da carne bótanse fabas e cando está a medio cocer van as patacas cortadas. Logo úsase un refrito de graxa de carne, aceite de oliva, cebola picada, pimentón doce e un pouco de pimentón picante. Segue a lume lento, e engadimos azafrán do bo e comiños”.
E esta é a canción que lle adicaron ao Caldo de Riola Eliseo & Antonio.

