O alcalde de Dumbría, Raúl González, está moi satisfeito con este primeiro ano de lexislatura “que foi fantástico e onde temos “máis de 2,5 millóns de euros en obras feitas ou contratadas”, aparte de todo o investimento en áreas como a deportiva ou cultural.
O Ézaro e Olveiroa
O mandatario falou dos dous grandes tesouros turísticos que ten o concello, a Cascada do Ézaro e o Camiño de Santiago “cun icona como é Olveiroa».
No primeiro caso aumentaron as xornadas e os horarios do alumeado da cascada, venres, sábados e vésperas de festivos de 22:30 a 00:30H e segue tendo “un tirón impresionante”.
O goberno local traballa nun “proxecto de reconstrución un pouco máis compacto” para a pasarela actualmente rota.En Olveiroa van a acometer o saneamento “para que estea no top”.
Como e posible tantas actuacións nun concello con menos de 3.000 habitantes e que só cobra o imposto de vehículos e o urbano?
Responde o alcalde: “Pois xestión.Hai que facer números e malabares, pero o importante e que os beneficiados sexan os nosos conveciños. O noso concello é punteiro”.

Orzamento, proxectos e despoboamento
Contan cun orzamento de 5,2 millóns de euros “o máis alto da nosa historia”. Manter os servizos é un reto diario pero tamén hai outros obxectivos. Traballan nun proxecto para un Punto de Atención Infantil e apoian iniciativas privadas, coa cesión de inmobles, que pediron tres Casas do Maior á Xunta de Galicia.
Está preocupado polo despoboamento do concello. «Estamos dando facilidades para que vivan en Dumbría pero non é un problema sinxelo».
Nunha entrevista en Radio Xallas, o alcalde socialista, referise ao que considera unha necesidade básica para a Costa da Morte, as comunicacións con Santiago e A Coruña. Considera fundamental o remate da Vía de Alta Capacidade e a liberación da peaxe na AG-55.
Ademais falou da problemática eólica, criticando que non repercutan os ingresos nos concellos nunha porcentaxe máis grande pero recoñecendo que o sector tamén deixa beneficios e crea emprego:“Non todo é malo”.
Na conversa apareceu o Vákner, o Gran Fondo Ézaro, as diferentes apostas deportivas, e moitos temas máis.
Leva décadas na política pero só un ano como alcalde. E a cousa cambiou moito:”Antes non tiña axenda, agora si”.
Escoita a entrevista completa desde o minuto 60

