“Sello de Vida Saudable” para o C.E.I.P. Barrié
O Ministerio de Educación acaba de conceder o “Sello de Vida Saudable” ao colexio Barrié de la Maza de Santa Comba.
Un recoñecemento as actividades saudable do centro, despois dunha década desenvolvendo o Proxecto Deportivo. agora Proxecto Vida Activa Deportiva (PVAD).
Presentación libro de Manuel Durán
Este vindeiro sábado o xalleiro Manuel Durán presenta o seu libro “Amor de Terra” en Ler Librerías (18,30h). Estará acompañado por Montse Almozara e Leticia Durán.
Festas en San Cristovo de Mallón
Este mércores comezaron as Festas de San Cristovo de Mallón, no concello de Santa Comba co dúo Élite.O xoves misa ás 13,00h e sesión vermú coa Charanga Os Celtas.
E o venres 12 de xullo, hai misa ás 13,00h, sesión vermú co Trío Alborada e verbena coa orquestra Saudade e coa discoteca móbil CDC.
Festas do Carme en Santa Sabiña
O vindeiro domingo, 14 de xullo, en Santa Sabiña celebran as festas da Virxe do Carme. Haberá misas como de costume.
A sesión vermú e a verbena contará coa orquestra Pontevedra.
Doazón de sangue en Santa Comba
Este xoves 11 e venres 12 de xullo unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia estará diante da Casa da Cultura de Santa Comba. De 16:00h a 21:00h.
Xornadas de portas abertas Xallas feminino
Este xoves 11 e venres 12 de xullo, a partir das 20,00h o Xallas feminino organiza unha Xornadas de Portas Abertas no Campo de Fontenla. Para inscribirse 605189267.

