O goberno local do Concello de Muxía anuncia a reactivación das obras de mellora de iluminación e sinalización na contorna de A Barca.
A pesar do “bloqueo e a negativa da oposición a ratificar en pleno municipal as modificacións”, desde o goberno que preside Iago Toba aseguran que as obras sairán adiante “unha vez se aprobe no pleno provincial, sen necesidade de levar de novo a sesión plenaria municipal a modificación do proxecto”.
Miradoiro A Ferida
Informan que se manterá o Miradoiro A Ferida “ “unha cuestión que era primordial para nós xa que queriamos preservar e respectar as inquietudes e preocupacións da veciñanza” segundo o alcalde, que calcula que actuación estea rematada e entregada na semana da Romaría da Barca.
“Temos feito o contacto coa empresa adxudicataria e director da obra para comezar esta intervención de forma inminente, en canto se aprobe no pleno da Deputación e se reciba toda a documentación” sinalou o mandatario muxián.
Explicou que houbo unha rectificación da posición “ dalgúns indicadores que contiñan erros na redacción” e que o proxecto recolle a colocación dunha lámina informativa do km0 e se eliminará unha posposta para sinalar con pavimento diferenciado os antigos cercos das hortas”.

