13.1 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Acordo Parlamentario para pedir melloras no Centro de Saúde de Santa Comba

O Parlamento de Galicia aprobou unha proposición non de lei presentada polo BNG e que foi trasaccionada co Partido Popular, co voto afirmativo destas dúas forzas políticas e coa abstención do PSOE, referida ao Centro de Saúde de Santa Comba.

Os acordos da Comisión 5º, Sanidade, Política Social e Emprego, foron os seguintes:

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

1º. Acordar co Concello de Santa Comba, no prazo máis breve posíbel, os termos de uso das instalacións municipais para a realización das clases de preparación ao parto garantindo o seu desenvolvemento nun espazo digno e que responda ás necesidades de pacientes e profesionais.

2º. Acordar a firma dun convenio a través do cal acometer as obras oportunas para solucionar as deficiencias do centro”.

Nun comunicado de prensa , a deputada do BNG, Iria Carreira sinalou que «o tellado está en mal estado, con moitas das tellas rotas que provocan humidades e goteiras no interior do centro». Ademais, o seu mal illamento non só se traduce nestas filtracións de auga, «senón que chega a dificultar a actividade diaria polo ruído da auga a bater na cuberta, que entorpece o entendemento nas consultas e na área administrativa».Tamén se referiu á deficiente climatización do centro.

Iria Carreira – BNG

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos