O persoal sanitario só puido confirmar a súa morte. (información AXEGA 112)
Escasos minutos despois das 15:30 horas, o 112 Galicia recibiu a chamada do outro implicado no accidente, o condutor do camión, que alertou de que a situación parecía grave e que o motorista podía estar falecido.
Nos momentos posteriores chegaron varios avisos doutros particulares que se atopaban no lugar dos feitos, o quilómetro 27 da AC-552, na parroquia carballesa de Bértoa, que confirmaban o comunicado polo primeiro alertador.
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazou o seu helicóptero medicalizado con base en Santiago; da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e de Protección Civil de Carballo, así como dos servizos de mantemento da estrada.
Unha vez no punto, o persoal sanitario confirmou o falecemento do motorista.
foto- G24.GAL