Berdeogas celebrará a XXII Festa da Familia o 21 de xullo
O domingo 21 de xullo non faltará o pulpo á feira e o churrasco, animado pola música da Orquesta Principal (sesión vermú) que estará acompañada pola orquesta Gran Parada nunha verbena que comenzará ás 18:00h.
Tamén actuará o Charanga O Rumbo de Sardiñeiro e o Grupo de gaitas da Asociación. Haberá xogos infantís. Todo na emblemática Carballeira de Berdeogas.
Na invitación trasladada ós veciños, o alcalde de Dumbría, Raúl González Lado comenta que se trata dunha festa “na que cada ano somos máis os que acudimos a divertirnos; e na que todos xuntos, nenos, mozos e maiores compartiremos o gran espírito desta fermosa xuntanza”.


