Os cabezudos Comba, Cataliño e Kukas percorrerán Santa Comba o día de San Pedro. Deste xeito recupérase unha tradición que estivo moi arraigada, froito da iniciativa do Ateneo Xalleiro.
Comba, Cataliño e Kukas
A entidade promove “a restauración desta tradición popular” coa elaboración de tres cabezudos.
Apoio do IES Terra de Xallas
Co apoio dun experto como Marcelino de Santiago “Kukas”, e coa implicación do alumnado do IES Terra de Xallas e o apoio económico do centro e de doazóns particulares, fíxose realidade o proxecto.
Nun comunicado, desde o Ateneo Xalleiro lembran que en distintas partes de Galicia referianse os xigantes e cabezudos como “Papamoscas” e aquí xurde que “precisamente a Costa do Papamoscas fora o berce do primeiro cabezudo, así que semella que estes novos veciños, tan ben empadroados de inicio, probablemente sexan ben bautizados como os cabezudos papamoscas”.
A elaboración dos cabezudos, baixo a coordinación de Kukas incluíu unha actividade formativa no IES Terra de Xallas. Que permitiu dar “un carácter comunitario e cooperativo” a iniciativa coa colaboración do estudantado.
Agora agardemos ao Día de San Pedro para poder contemplar a estes veciños.