15.6 C
Santa Comba
viernes, julio 12, 2024

Incendio nunha vivenda e choque frontal na comarca de Bergantiños

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Carballo foron alertados sobre as 21:10 horas da pasada noite dun incendio nunha vivenda en Leduzo, na parroquia de Cerqueda, no concello de Malpica de Bergantiños.

Tratábase dunha vivenda deshabitada e aillada, da que saían fume e lapas polo tellado. Houbo un intento de acceso ao interior da vivenda, pero persoal do GES de Ponteceso, desprazado tamén ata o lugar, observou risco de colapso. A mellor solución para sofocar o lume é a través dunha fiestra situada nun lateral da vivenda.

Sitúase unha escada de 2 tramos no lateral do inmoble para realizar a extinción das lapas, as cales afectaban á madeira caída do tellado e aos restos de madeira do chan do primeiro andar. Quedou extinto sobre as 00:38 horas da noite.

Screenshot

Choque frontal na estrada AC-416 á altura do cruce da rúa Olveiras, en Carballo

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Carballo foron alertados ás 01:39 da madrugada de onte dun accidente de tráfico na estrada AC-418 á altura do cruce da rúa Olveiras, no concello de Carballo.

Non habendo ningunha persoa atrapada, procedeuse á limpeza da vía para poder restablecer a circulación, dado que os vehículos ocupaban o carril de entrada a Carballo. Na calzada había restos de aceite, cristais e plásticos. Tamén restos de madeira e lixo, xa que os vehículos bateran contra unha illa de colectores.

Rematouse o servizo contra as 2:43 horas da madrugada.

Publicamos as notas íntegras difundidas polo Consorcio Provincial coas correspondentes fotografías.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos