20.8 C
Santa Comba
sábado, julio 13, 2024

Camariñas honra cunha avenida ao exalcalde Juan Bautista Santos

O concello de Camariñas acordou, por unanimidade, que o que fora alcalde de Camariñas durante 24 anos, o socialista Juan Bautista Santos Ramos conte cunha Avenida na súa honra.

A antiga Avenida Eugenio López é agora Avenida Alcalde Juan Bautista Santos Ramos, a raíz dunha proposta do goberno local socialista apoiada por PP e BNG.

Despois do pleno extraordinario, procedeuse a descubrir unha placa, por parte da alcaldesa Sandra Ínsua Rial.

A rexedora destacou “a súa calidade humana, a súa capacidade para escoitar e a súa dedicación aos veciños e veciñas de Camariñas, que o fixeron merecedor do respecto e o cariño de todos. Juan Bautista dedicou toda a súa vida a conseguir o benestar e o progreso da nosa vila, deixando unha pegada indeleble no corazón de todos nós”.

Juan Bautista Santos Ramos, natural de Xaviña, finou un 3 de xuño de 2023.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos