20.8 C
Santa Comba
sábado, julio 13, 2024

Alumnas xalleiras homenaxeadas no MEGABAU 2024

Dúas alumnas do IES Terra de Xallas foron homenaxeadas no evento Megabau, no que se recoñece o mérito e o esforzo do alumnado que acadou brillantes resultados nas probas da ABAU.


Entre esas estudantes destacadas están as xalleiras Natalia Martínez Barreiro e Ainhara Bouzada Forján. E desde o concello de Santa Comba quixeron felicitar, a través das redes, tanto a Natalia e a Ainhara como ao instituto “que recibiu unha distinción pola excelencia acadada”.


O acto, celebrado no Coliseum da Coruña, contou cun aforo de máis de 4.000 asistentes entre alumnos e familias.

Acto celebrado na Coruña


A organización correspondeu á Universidade da Coruña, e contou coa presenza dos reitores Antonio López (USC), Manuel Reigosa (UVigo) e Ricardo Cao (UDC), e ao que tamén asistiu a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo e o Conselleiro de Educación.


O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, animou aos alumnos máis excelentes da ABAU a que continúen a súa etapa formativa nas universidades públicas galegas, que destacan pola ampla e variada oferta de titulacións, pola súa calidade académica e que, ademais, a partir do próximo curso “avanzamos un novo chanzo no apoio ás familias coa matrícula gratuíta para os estudos de grao”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos