O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou hoxe en Carballo que o Grupo Socialista levará ao Parlamento galego a próxima semana unha iniciativa para reclamarlle á Xunta a gratuidade das autoestradas AG-55 (A Coruña-Carballo) e AG-57 (Puxeiros-Val Miñor).
Besteiro afirmou: “Se pedimos a gratuidade para a AP-9 e para a AP-53, o lóxico é que tamén a pidamos para a AG-55 e a AG-57” para que non haxa “galegos de primeira e galegos de segunda”.
O líder dos socialistas galegos estivo acompañado polos deputados Patricia Iglesias e Carlos López Font. Desde a comarca de Bergantiños asegurou que tamén piden que se “ eliminen as peaxes nas autoestradas estatais”.
Os socialistas indican que o goberno central aprobou rebaixas nas peaxes “ cando o PP e o BNG votaban en contra”.
Lembran que cada dia pola AG-55 circulan máis de 13.000 vehículos e no o traxecto entre Carballo e A Coruña, un traballador paga máis de 600 euros ao ano por usar a AG-55.


