O Instituto Terra de Xallas de Santa Comba oferta o ciclo medio de Xestión Administrativa e o ciclo superior de Administración e Finanzas ofrecendo un ensino personalizado, con grupos reducidos que facilita a formación e tamén o asesoramento para explorar perspectivas de futuro.
Cabe destacar que o ciclo superior impártese na modalidade Dual o que significa que o alumnado fará prácticas en empresas da contorna dende xaneiro a xuño no segundo curso e estarán remuneradas coa metade do salario mínimo interprofesional. Ademáis o alumnado cotizara a seguridade social durante este tempo.
Saídas profesionais
No Caso do Ciclo medio capacita para traballar de auxiliar administrativo/a, axudante de oficina, auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos, administrativo/a comercial, auxiliar administrativo/a de xestión de persoal, auxiliar administrativo/a das administracións públicas e recepcionista entre otras ocupación e no Ciclo superior como administrativo/a de oficina, administrativo/a comercial, administrativo/a financeiro, administrativo/a contable, administrativo/a de loxística, administrativo/a de banca e de seguros, administrativo/a de recursos humanos, administrativo/a da Administración pública, administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais.
Alta inserción laboral
A familia profesional de Administración e Xestión ten unha alta inserción laboral tanto no sector público como privado e permite o acceso ao emprendemento dun xeito eficaz.
O prazo para presentar solicitudes será desde o 24 de xuño ás 9:00 horas ata as 13:00 horas do 4 de xullo.
Para máis información podes visitar a web do centro


