A comisión executiva de Alternativa dos Veciños pídelle á alcaldesa de Fisterra, Aurea Domínguez Sisto, do mesmo partido, que restitúa nos seus cargos ao concelleiro Francisco Martínez Traba, despois da decisión de sacarlle as competencias no goberno e “cambiándolle as pechaduras do despacho ao concelleiro; imposibilitándolle a consulta de diversos expedientes relacionados con actuacións irregulares anteriores e actuais por parte da alcaldía”.
Tamén acusan á alcaldesa de ignorar “totalmente” aos representantes do partido na localidade, Juan Francisco Martínez e José Raúl Gómez Rivera”.
Debate para os orzamentos de Fisterra
Píndelle que repoña nos seus cargos a Martínez Traba e que lle facilite os expedientes que solicita. Ademáis emprazan a Domínguez Sisto a debater “ entre os integrantes do Goberno e simpatizantes de Alternativa en Fisterra os asuntos a incluír nos orzamentos do municipio”.
Desde Alternativa dos Veciños sinalan que o partido “non foi a Fisterra a continuar coas políticas que tiveron paralizado o municipio” e denuncian que nos últimos anos “cometéronsegravísimas irregularidades na xestión do Concello”

