13.4 C
Santa Comba
sábado, junio 8, 2024

Ángeles Vázquez visitou a estación de medición da Ponte do Porto

A Conselleira de Medio Ambiente , Ángeles Vázquez, visitou ás instalacións de medición de caudal localizadas no río Grande, en Ponte do Porto, no concello de Camariñas.


Durante esta visita avanzou que a Xunta de Galicia duplicará este ano a rede de aforos nos ríos da demarcación hidrográfica Galicia-Costa “co obxectivo de reforzar a capacidade de prevención e de resposta ante eventuais situacións hidrolóxicas extremas nos ríos baixo a súa competencia”.Con esta ampliación Galicia disporá dun total de 95 estacións.


Estas estacións, como a que está ubicada na poboación porteña, transmite automaticamente datos cada dez minutos, unha información importante para o seguimento de secas e inundacións, a predición de posibles avenidas e o control dos caudais ecolóxicos.


Vázquez estivo acompañado polo teniente de alcalde do concello de Camariñas, Sergio Caamaño, e pola portavoz popular e deputada, Paula Mouzo Mas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos