13.9 C
Santa Comba
sábado, junio 8, 2024

Presentado o Asalto ao Castelo 2024 en Vimianzo

O Castelo de Vimianzo acolleu a presentación en sociedade da XXVII edición do Asalto ao Castelo de Vimianzo, que este ano conta con referentes musicais como Manu Chao, Mondra, Monoulious DOP, Boikot ou Festicultores.

No acto de presentación participaron a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira; as concelleiras Beatriz Pazos e Rosa Blanco; o portavoz da organización do Asalto, Manuel Rial; Marta Miñones, da Asociación AXVALSO. Maica Suena, de Cherinkas, e Ana Caamaño en representación do sector hostaleiro.

O Asalto ao Castelo 2024, un evento declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, celebrarase o 5 e 6 de xullo.

«Manter vivo o lume irmandiño»

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, non só recalcou a importancia desta festividade no presente na que “tanto veciños e veciñas viven momentos inesquecibles”, senón que tamén puxo sobre a mesa a necesidade de seguir traballando e loitando por un evento “que pasará ás vindeiras xeracións para manter vivo o lume irmandiño”.

.
Pola súa parte, o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, salientou “o interese turístico dun evento que se consolidou como un punto de referencia para toda a Costa da Morte”.

Consulta aquí o programa completo do XXVII Asalto ao Castelo 2024

Mondra e Monolious DOP serán os encargados de actuar o na primeira xornada, o venres 5 de xullo. Xa no día grande, o sábado, día 6, será a quenda de Manu Chao acústico, Boikot, Süne e Festicultores.

Nesta mesma xornada collerá especial protagonismo, ademais, a praza do Concello, cunha sesión vermú especial na que actuarán Coídos (cos vimianceses Javi Sampedro e Suso de Quinito) e o histórico grupo A Quenlla, que conta cun álbum dedicado á guerra irmandiña. Xa pola tarde, no Des-concerto, subirán ao palco as Flow do Toxo.

Haberá unha exposición sobre Arqueoloxía Dixital, a oitava edición de Legua Irmandiña(29 de xuño), ou os tradicionais Pinchos Irmandiños (do 2 ao 6 de xullo) con 14 locais participantes.

XXVII Asalto ao Castelo- Vimianzo

Non faltará o Asaltiño para os máis pequenos cunha semana de actividades e unha extensa axenda o sábado 6 de xullo.

O Des-enterro Irmandiño, a Cea Medieval, Feira Artesanal, o desfile das Irmandades Parroquiais da Terra de Soneira

No cartel de concertos o venres actuarán Mondra e Monoulios DOP. Antes, animación con Tecla Negra, Cé Orquestra Pantasma e queimada con druída.

O sábado xa haberá un circuíto musical ao longo do día con Lilicleta, Mestura Fol, Medio Quinhón e Malandros Escola de Samba e Flow do Toxo.

Pola noite chegará o concerto de Manu Chao ( a partir das 21:00 horas) , terá lugar o Asalto ao Castelo e despois a música a cargo de Boikot e Süne, xunto con Festicultores Troupe.

O domingo será o día das visitas guiadas e teatralizadas e unha sesión vermú con Medio Quinhon.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos