15.1 C
Santa Comba
viernes, junio 7, 2024

O BNG esixe unha actuación urxente no Centro de Saúde de Santa Comba

O BNG presentou varios iniciativas no Parlamento Galego, a través das deputadas Iria Carreira e Montse Prado para instar á Xunta a que tome medidas urxentes para poñer fin ao «estado extremadamente precario» do Centro de Saúde de Santa Comba.

Os nacionalistas piden unha reforma integral “ou, no seu caso, a construción dun novo edificio, e tamén que a Xunta asuma de maneira inmediata a titularidade e xestión do centro”.

Juan David Sixto

«Santa Comba merece uns servizos públicos de calidade»

O portavoz municipal do BNG, Juan David Sixto, insistiu en que «Santa Comba merece uns servizos públicos de calidade e o BNG vai esixir as melloras necesarias no centro de saúde e no ceip que, como denunciamos, están nunhas condicións deplorábeis».

Denuncian graves problemas estruturais o Centro de Saúde, que inclúe o PAC que atende tamén á veciñanza de Mazaricos, con numerosas eivas como o mal estado do tellado, que provoca humidades e goteiras no interior e ruído de auga que «dificultan a actividade diaria e entorpecen o entendemento nas consultas e na área administrativa».


Tamén se refiren ós problemas de climatización e eivas no mobiliario e de espazo.
Juan David Sixto, lamentou o «estado deplorábel» no que se atopan as instalacións destinadas aos servizos públicos de Santa Comba:

«Fixémolo co CEIP Barrié de la Maza e facémolo co centro de Saúde porque, infelizmente, tanto un coma outro son exemplo do abandono ao que tanto a Xunta como o Concello condenan a servizos públicos básicos como son a sanidade e a educación», sinalou Juan David Sixto.

foto portada- Iria Carreira, Juan Blanco e Juan David Sixto nunha visita ao centro- Arquivo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos