Por se quedaba algunha dúbida, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, deixou claro que «O BNG non lle dá alcaldías ao PP» e negou contactos para unha moción de censura no concello de Muxía, negando a información lanzada polo alcalde socialista Iago Toba.
O PSOE goberna en solitario con 5 concelleiros. A oposición está conformada polo Partido Popular, con 3 edilas, Os Independentes con 2 e o BNG representado pola concelleira Mercé Barrientos.

