14.2 C
Santa Comba
domingo, junio 15, 2025

Alternativa considera un “escándalo” que o concello pague un seguro privado os funcionarios

Alternativa dos Veciños de Fisterra critica a existencia dun seguro de saúde privado para os funcionarios e as súas familias e solicitou un informe a secretaría sobre a legalidade desta contratación que ascende ós 7.000 euros anuais.

“Puidemos corroborar que o persoal funcionario do Concello dispón dun seguro de saúde privado e, ademais, que esta póliza tamén da cobertura aos familiares dos mesmos, o cal nos parece un autentico escándalo” declarou o responsable local do partido e asesor na Deputación, Juan Francisco Martínez.

Resolver a situación de inmediato

Lembran que o persoal do concello está incluído no Réxime Xeral da Seguridade Social e que no concello hai 5 funcionarios e 28 traballadores como persoal laboral polo cal o seguro é inxusto e beneficia só a unha minoría.

“O secretario-interventor do Concello debe informar ao respecto, xa que pensamos que no seu momento esta póliza debeu ser contratada dun xeito totalmente irregular, xa que non nos consta a existencia dun acordo negociado. Esta situación débese resolver de inmediato, xa que a póliza do seguro en cuestión cústalle ás arcas municipais case 7.000 € ao ano” explica Juan Francisco Martínez.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,180SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos